/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

      €5 EUR  or more

     

  • T-Shirt/Apparel + Digital Album

    Includes unlimited streaming of ÉXODO via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 3 days

      €8 EUR or more 

     

1.
00:48
2.
02:27
3.
02:48
4.
5.
03:22
6.
03:31
7.
03:09
8.
03:46
9.
03:20
10.
02:42
11.
04:31
12.
02:44
13.
02:58

about

Gravado, misturado e masterizado nos estudios Pousada Son (Ames), por Iago Pico. Producido por Iago Pico e Aspergillus de Coira. Producción executiva por Aspergillus de Coira. Gravado entre os meses de Xuño a Novembro do ano 2015 e Xaneiro de 2016. Música e letra composta por Aspergillus de Coira, a excepción da letra de “Éxodo” escrita por Zé Paredes. O deseño do logo, portada e libreto a cargo de Federico García Gil e Colectivo Noz. As fotografías son de Roberto García Sánchez. Editado para Discos da Máquina no Inverno do 2016.


Agradecementos:

A Alicia, Lucía, Olga e Natalia, por creer en nós e ser as mellores compañeiras de viaxe. A Aitor García e Hector Ojea, baterías expectaculares, por prestarnos o seu talento e ser o 6º Aspergillus. Ás nosas familias e amizades. Ao Master Iago Pico que co seu bo facer fixo sonar este disco tal e como soñábamos. A Zé Paredes e a Mónica Camaño por toda a axuda e cariño. A Fede e os amigos de Colectivo Noz polo magnífico traballo. A Rober polas súas fantásticas fotos, así como a Ada e toda a xente que quixo retratarnos e tentou sacarnos guapos (difícil). A Discos da Máquina por acollernos na Familia. Aos Zënzar, Nao, Liviao de Marrao, Medomedá, Raiba, Pedro Feijoo, Alberto Arrythmia, Josito Porto, Pla Mutant, Jackie, Xaime Barreiro, Javi Mejuto, Noemí P. Valiño, Tati Duro e Alonso Caxade por botar unha man desinteresadamente, polo seu apoio e por axudar a facer este disco posible. A Jose Manuel Piedra, Alberte Fernández-Silva, Alberte Rodríguez, Carlos Freire, Sandra Camalea, Sergio Zearreta e Sergio Castiñeiras por todo o material prestado. Á xente da Garitosis de Sarria así como a todas as bandas e festivais con quenes compartimos aventuras durante todo este tempo. Á aldea de Coira por ser o noso fogar. E a ti, que estás escoitando a nosa música.  Este disco vai adicado con todo o noso cariño ao noso compañeiro Antón Santomil Nimo, futura promesa do Rock&Roll e o noso fan número 1. Grazas, Fung@s!!!
 
Todos os temas están baixo licencia de Creative Commons BY.

Este disco está publicado para Discos da Máquina.

credits

released April 7, 2016

Aspergillus de Coira son:
 
David Santomil “Deví”: Voz Principal
Pablo Nimo: Teclados, Samplers e Coros
J.A. Pais Otero: Guitarras e Coros
Alex “O Demo de Tasmania” Sevilla: Batería e Percusións.
Antón “Torroncho” Fernández: Baixo e Coros.

tags

license

about

Aspergillus de Coira Coira, Spain

Aspergillus nace das inquedanzas sonoras de cinco músicos galegos xa curtidos con moito que dicir.

D.S. - Voz
J.A.P. - Guitarras
A.S. - Batería
P.N. - Teclados & Samplers
A.T.F. - Baixo

Contacto: 618076532 aspergillusdecoira@gmail.com
... more

contact / help

Contact Aspergillus de Coira

Streaming and
Download help

Track Name: Muller
Que vai ser de nós,
removeremos o ceo
baixaremos o Sol,
para ti, muller.

Que vai ser de ti,
que pensabas ser invencíbel.


Que vai ser de ti,
que soñabas telo todo.

Ti es capaz de controlarme
Ti es capaz de controlarme
Muller.

Que vai ser de ti,
afogada nas túas bagoas.
Track Name: Paredes de Coira
Paredes de Coira,
noites de frío e choiva,
colles aire, agora soltas,
Escoita, pois, eu...

Paredes de Coira,
noites de frío e choiva,
comeza unha etapa e péchase outra,
se non che aviso, pois...

Sabes que isto pode mellorar,
sabes que a vida moitas voltas dá,
aquí non se vive tan mal,
pero podemos vivir mellor.

Paredes de Coira
Noites de frío e choiva
Soltas aire, agora soplas
Se non che aviso, pois, eu xa non podo máis!
Track Name: Xogas
Dime, as cousas pasan e ti non as podes cambiar,
por moitos cartos que teñas, sempre, te podes arruinar.

Gastas nun só día, todo o que tes no mes.
por moito que insistas, home, sempre voltas a perder!

Buscas, xogas, non toca, pagas!

Dime, as cousas pasan e ti non as podes cambiar,
gastaches todo o que tiñas na máquina do bar.

Agora xa non sabes nin o que podes facer,
a túa vida de soños deixoute sen comer.

Buscas, xogas, non toca, pagas!
Track Name: Fin da cita
Sempre a mesma estrofa, e fin da cita.
Pola túa cara, sabemos que mintes.

Na pantalla, do televisor,
o teu retrato, meu home, e fin da cita.

Pero vas ver o que vale!
Vas ver o que hai!

Nas túas barbas, aniñan os fungos,
mintes, roubas, manipulas e fin da cita.

Pero vas ver o que vale!
Vas ver o que hai!
Track Name: Éxodo
Saltando nas teas da noite,
que rompa o marasmo do ar!

Un músculo tenso e inútil,
cansouse de tanto esperar.

Xa non queda máis tempo,
nin historias que contar,
ábrense as portas do éxodo
cávanse soños no mar!

Xa non quedan teas na terra,
xa non hai nada que mirar.

Xa non queda máis tempo,
nin historias que contar,
ábrense as portas do éxodo
cávanse soños no mar!

Letra: Zé Paredes
Track Name: Fume
Xa facía tempo que non te botaba de menos,
pero o tempo moitas cousas cambiou.
Pero as mentiras non son tan sinxelas, corazón,
o meu corpo xa non se alimenta de ti.

Xa facía tempo que non te botaba de menos,
vir a Compostela sempre está moi ben,
mais recordas, aquela noite no Pichel,
a túa voz na miña cabeza estala.

Fume, ti véndesme fume, i eu namorada!
Fume, ti véndesme fume, i eu namorada de ti!

Xa facía tempo que non te botaba de menos,
pero o tempo moitas cousas cambiou.
Pero as verdades non son tan sinxelas, meu amor,
o meu corpo xa non se alimenta de ti, nin de ti, nin de ti, nin de ti, fume!.

Fume, ti véndesme fume, i eu namorada!
Fume, ti véndesme fume, i eu namorada de ti!
Track Name: Camiña
Si, buscas pracer ou escapas de min?
Fai case mil anos que estivemos aquí.
Recordas aquel bar, onde comezamos
Pecharon as portas e seguimos a camiñar!

Si, era inevitable, chegamos á túa casa
Sacamos botellas e durmimos no chan
Ao día seguinte baixamos de novo,
tomámoslle outra e seguimos a camiñar!

Caminha!

Non andamos ben, todo está nublado,
vai sendo hora de parar,
pero atopamos máis xente
Chegaron máis botellas e seguimos a camiñar!.

A noite non remata ata que chega o Sol!
A noite non remata ata que chegas ti.
Track Name: Queima
Vives entre o ben e o mal e o tempo segue a pasar,
son moitos días de disparos e mágoas, agardando o que din.

Basta de lamentos,
ti decides o que fas,
que a vida son catro días, nena,
e a guerra vai comezar.

Todo comeza con ameazas,
unha fronteira tensa polos dous lados,
sube a temperatura e sempre perden os mesmos,
que inxusta resulta esta loita entre irmáns.

Basta de lamentos
ti decides o que fas,
que a vida son catro días, nena,
e a guerra vai comezar.

Caen bombas no medio de Estambul,
a túa pel perde a súa cor branca,
sorrisos manchados de sangre amarela,
a túa vida vale moito máis do que pensas,
e queima, queima!

Queima!
Track Name: Raiba
Un temporal cargado de soños,
tirados polo chan, a punto de voar!

Alimentando a raiba do pasado,
un vínculo creado por todos nós.

Feridos e con fame, imos por vós!
Track Name: Meu
Canto daría por ti, meu,
cantas horas movendo a montaña.

Canto aprendo de ti, meu,
no teu calor, na túa mirada, teño moitos argumentos.

Canto escoito de ti, meu,
por cada nota, unha fala.

Teño moitos argumentos,
para dicir todo o daría por ti,
e agora que sopra o vento,
sinto que estás máis preto de min.